miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

Os populares de Santiago recordan o asasinato de Migel Ángel Blanco fai 22 anos

Os populares de Santiago recordan o asasinato de Migel Ángel Blanco fai 22 anos
Os populares de Santiago recordan o asasinato de Migel Ángel Blanco fai 22 anos

O Grupo que dirixe Agustín Hernández destacou tamén que a cidade de Santiago é “unha das numerosas vilas españolas que contan cun espazo dedicado a Miguel Ángel Blanco”

Cando pasaron xa 22 anos dunha das datas máis tristes da nosa democracia, o Grupo Municipal Popular quixo ter un recordo para o concelleiro do Partido Popular en Ermua, Miguel Ángel Blanco, coincidindo coas datas nas que se cumpren 22 anos do seu secuestro e posterior asasinato a mans da banda terrorista ETA.

Nesa xornada, os Populares quixeron facer unha sentida homenaxe a un mozo de ascendencia galega, que “perdeu a vida pola intolerancia duns poucos”, lembrando as testemuñas de repulsa e condena que se puideron ver naqueles días de hai 22 anos.

O Grupo que dirixe Agustín Hernández destacou tamén que a cidade de Santiago é “unha das numerosas vilas españolas que contan cun espazo dedicado a Miguel Ángel Blanco”, que coa súa morte logrou mudar o contexto social ao respecto do terrorismo da banda asasina ETA.

Así, o pasado mandato, o grupo municipal Popular presentou unha iniciativa para recoñecer “a dignidade, a memoria e a xustiza das vítimas do terrorismo”, que se converteu en realidade no ano 2017 coa colocación dunha placa na praza da Constitución en recordo da memoria deste concelleiro vasco e de aquelas persoas que foron asasinadas en actos terroristas e tiñan unha vinculación con Santiago.

Finalmente, os Populares santiagueses quixeron destacar que 22 anos despois, Blanco segue a ser un símbolo de loita democrática contra o terrorismo, da inocencia de todas as vítimas do terrorismo e de solidariedade social.

Comentarios
Lo más