miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

Minuto de silencio no Obradoiro polo último asasinato machista

Minuto de silencio no Obradoiro polo último asasinato machista
Minuto de silencio no Obradoiro polo último asasinato machista

Volveu así darse cumprimento á moción aprobada por unanimidade no Pleno da Corporación do 7 de setembro de 2015, que fixa accións de dó e solidariedade por cada asasinato machista

A praza do Obradoiro acolleu este mediodía un minuto de silencio para condenar o asasinato machista dunha muller en San Fernando (Cádiz). O seu corpo fora atopado o pasado 3 de xuño, pero foi este xoves cando se confirmou que se tratou dun caso de violencia de xénero.

O alcalde, Xosé Sánchez Bugallo, e outros integrantes da Corporación participaron neste acto, no que se gardou un minuto de silencio en recordo da muller asasinada. Volveu así darse cumprimento á moción aprobada por unanimidade no Pleno da Corporación do 7 de setembro de 2015, que fixa accións de dó e solidariedade por cada asasinato machista. 

Comentarios
Lo más