miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

Bugallo recibe ao embaixador de Eslovaquia en España

Bugallo recibe ao embaixador de Eslovaquia en España

Jaroslav Blasko está en Compostela para participar esta tarde, xunto co alcalde, na inauguración da exposición Vivencias

O alcalde de Santiago de Compostela, Xosé Sánchez Bugallo, recibiu onte o embaixador de Eslovaquia en España, Jaroslav Blasko, quen asinou no Libro de Honra do Concello. No acto tamén participaron os voceiros dos grupos municipais do PP, Agustín Hernández, e de Compostela Aberta, Martiño Noriega, así coma o concelleiro de Presidencia e Relacións Institucionais, Sindo Guinarte.

Jaroslav Blasko está en Compostela para participar esta tarde, xunto co alcalde, na inauguración da exposición Vivencias, da fotógrafa eslovaca Lea Tyrallová, que se poderá ver no Museo do Pobo Galego ata o 16 de setembro. 

Comentarios
Lo más