Controlado un vertido de combustible no regato de Tállara, en Lousame
O GALI desprazouse cun C.R.G de 1.000 litros e distinto material absorbente para frear o combustible derramado
O Grupo de Apoio Loxístico (GALI) da Axencia Galega de Emerxencias (AXEGA) desprazouse ata Lousame para intervir na contención do combustible derramado no regato de Tállara, a causa do camión que se incendiou esta mañá tras saírse da vía e caer por un terraplén e cuxo condutor tivo que ser evacuado ao Hospital Clínico de Santiago polos servizos sanitarios de urxencia.
O GALI desprazouse cun C.R.G de 1.000 litros e distinto material absorbente para frear o combustible derramado. Ademais dos técnicos de Medio Ambiente da Xunta de Galicia e persoal do distrito forestal da zona, interviñeron no operativo posto en marcha polo 112 Galicia, nada máis recibir a chamada de alerta, os Bombeiros de Boiro, GES de Brión, voluntarios de Protección Civil de Lousame e os efectivos do servizo local de emerxencias de Boiro, así como persoal do servizo de mantemento da Deputación.
Na tarde de onte estívose agardando por unha guindastre de gran tonelaxe para mover o camión e permitir aos profesionais rematar o seu traballo. En calquera caso, segundo se lle notificou ao 112 Galicia a situación está controlada.