Ferido un condutor despois de chocar a súa furgoneta contra un camión
O Centro Integrado de Atención ás Emerxencias (CIAE) 112 Galicia tivo constancia do accidente, pasados dez minutos das 12:30 horas de onte
En Verín, unha persoa resultou ferida despois de que a furgoneta que conducía chocara contra un camión cando circulaban pola A-52, ao redor do punto quilométrico 154, en Ábedes. Segundo informaron os Bombeiros de Verín, que acudiron ao punto nada mais ser alertados polo 112 Galicia, a furgoneta quedou encaixada na parte traseira do camión.
Non foron precisos os medios de excarceración pero si axudaron aos profesionais sanitarios na evacuación da persoa, que foi trasladada en ambulancia ao centro hospitalario de referencia. Así mesmo, os Bombeiros indicaron que prestaron a súa colaboración para desencaixar o vehículo que posteriormente foi recollido por unha guindastre.
O Centro Integrado de Atención ás Emerxencias (CIAE) 112 Galicia tivo constancia do accidente, pasados dez minutos das 12:30 horas de onte, grazas á chamada dunha persoa particular. Indicaba que se trataba dun choque por alcance pero que non sabía si había feridos.
Con estes datos, desde o CIAE pasouse aviso ao 061-Urxencias Sanitarias, aos Bombeiros, á Garda Civil de Tráfico, á Policía Local e aos efectivos de Protección Civil da localidade.