miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

Absolven un sospeitoso de vender droga en Cangas

Absolven un sospeitoso de vender droga en Cangas
Absolven un sospeitoso de vender droga en Cangas

“A proba de cargo non é suficiente para fundar a convicción", asegurou o tribunal

A sección segunda da Audiencia Provincial de Pontevedra absolveu por falta de probas un acusado de traficar con droga en Cangas. A policía deulle o alto cando se atopaba cun amigo, quen portaba cocaína. O sospeitoso tiña no seu poder vinte euros.

“A proba de cargo non é suficiente para fundar a convicción, máis aló de toda dúbida razoable, de que o acusado recibise cartos pola venda da papelina que lle foi atopada ao seu amigo”, conclúe o tribunal.

Comentarios
Lo más