miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

Ferido de gravidade un condutor nun accidente no concello de Sober

Ferido de gravidade un condutor nun accidente no concello de Sober
Ferido de gravidade un condutor nun accidente no concello de Sober

Varios particulares, sobre as 15:30 horas de onte, alertaban ao 112 Galicia do accidente. Indicaban que se trataba dun choque frontal e que parecía grave

Unha persoa resultou ferida grave esta tarde despois de colidir frontalmente dous vehículos, un coche e unha furgoneta,  que circulaban pola N-120, á altura do concello lucense de Sober.

Varios particulares, sobre as 15:30 horas de onte, alertaban ao 112 Galicia do accidente. Indicaban que se trataba dun choque frontal e que parecía grave. Foi nese momento, cando o 112 Galicia alertou decontado ao 061-Urxencias Sanitarias, aos Bombeiros de Monforte e aos axentes de Tráfico. Ademais, ao ser unha zona limítrofe entre os concellos de Sober e Monforte, os xestores do 112 puxeron os feitos en coñecemento dos efectivos de Protección Civil da localidade e  da Policía Local e Protección Civil de Monforte.

Debido á gravidade, ata o lugar tamén se desprazou  o helicóptero medicalizado con base en Ourense, que tras tomar terra no lugar dos feitos e, unha vez liberada a persoa polos Bombeiros do interior dun dos vehículos, trasladou ao ferido ata o Hospital Lucus Augusti de Lugo.

Os Bombeiros confirmaron que no turismo viaxaban dúas persoas, das cales, unha delas resultou ferida grave. O outro ocupante resultou ferido leve.

Foi preciso cortar o tráfico dun carril da vía, habilitando o do outro sentido con tráfico alternativo.

Comentarios
Lo más