miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

Demandan retomar a mesa de diálogo das artes escénicas para tratar a situación do Centro Dramático Galego

Demandan retomar a mesa de diálogo das artes escénicas para tratar a situación do Centro Dramático Galego
Demandan retomar a mesa de diálogo das artes escénicas para tratar a situación do Centro Dramático Galego

Maribel Novo, deputada do PPdeG, dixo que “temos que afrontar novos retos e cambios sociais, pero sen esquecernos da importancia do papel do CDG”

A deputada do Grupo Popular Maribel Novo Fariña demandou onte no Pleno do Parlamento que se retome a mesa de diálogo, creada en 2017 coa participación das principais entidades do ámbito das artes escénicas galegas, para tratar da situación actual do Centro Dramático Galego (CDG) e do papel dunha compañía pública de produción teatral no contexto da Galicia do século XXI.

Maribel Novo manifestou que “temos que afrontar novos retos e cambios sociais, pero sen esquecernos da importancia do papel do Centro Dramático Galego, que tanto aportou e contribuíu ao sector escénico galego e que seguro que o seguirá facendo”. 

DENTRO DA LEGALIDADE

Na súa intervención, a deputada popular lembrou que o CDG “é unha compañía pública que ten que asegurar as condicións de contratación dentro da legalidade”, polo que avogou por “buscar solucións dentro da legalidade respectando sempre que se trata dun centro libre, plural e aberto”.

“Temos unha estratexia para o sector cultural, traballando man a man co sector, co obxectivo de garantir que os galegos teñan unha oferta cultural o máis rica posible co desenvolvemento e progreso das artes escénicas, buscando un acordo e un consenso que garanta o futuro do Centro Dramático Galego”, sinalou.

FALTA DE VONTADE POLÍTICA

A portavoz de Cultura do Grupo Socialista, Concepción Burgo, denunciou, pola súa parte, a “falla de vontade política” do goberno galego para resolver a situación do Centro Dramático Galego –CDG- logo de 10 anos nos que reduciu o seu orzamento á metade. Burgo presentou unha moción para reclamarlle á Xunta “diálogo” co sector das artes escénicas, que foi rexeitada polo PP.

A responsable socialista responsabilizou á Xunta do “esmorecemento e empobrecemento” do ente provocada por unha xestión dirixida a provocar a “estrema debilidade” do sector ata o punto de que sexa incapaz de cumprir coa función de impulsar o teatro galego. O CDG atópase “sumido na improvisación e no desleixo” logo de dez anos sen unha política de impulso ao sector das artes escénicas, e que “incomprensiblemente” fica excluído da estratexia da cultura galega do Executivo.

Comentarios
Lo más