miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

Antonio Segura Iglesias toma posesión como decano da Facultade de Bioloxía

Antonio Segura Iglesias toma posesión como decano da Facultade de Bioloxía
Antonio Segura Iglesias toma posesión como decano da Facultade de Bioloxía

O profesor do Departamento de Bioloxía Funcional Antonio Segura Iglesias resultou reelixido decano da Facultade de Bioloxía nunha votación con 65 votos a favor e 7 en branco

O reitor Antonio López presidirá este mércores 10 a toma de posesión do profesor Antonio Segura Iglesias como decano da Facultade de Bioloxía. O acto protocolario desenvolverase a partir das 13.30 horas na Aula Magna da propia Facultade.

O profesor do Departamento de Bioloxía Funcional Antonio Segura Iglesias resultou reelixido decano da Facultade de Bioloxía nunha votación con 65 votos a favor e 7 en branco. Acompañan ao profesor Segura no equipo decanal Eva Candal Suárez como secretaria e Teresa Taboada Rodríguez e Isabel Santos Rodríguez como vicedecanas.

ANTONIO SEGURA

Antonio L. Segura Iglesias (Pontevedra, 1954) é profesor da área de Fisioloxía Vexetal e integrante do grupo de investigación VitisResearch, no que foi coordinador de varios proxectos financiados polo Ministerio e a Xunta de Galicia e tamén coa empresa. Como especialista en patoloxía vexetal é coautor de diversas publicacións relacionadas coa epidemioloxía, diagnóstico e transmisión de enfermidades de etioloxía vírica en viñedos, ademais de estudos sobre biotecnoloxía e a función xénica  de vide. É decano dende 2014 e tamén colaborou nas labores de goberno coma secretario e vicedecano da Facultade no período 1995-2002.

Comentarios
Lo más