O Boudsport toca o ceo no Campionato de España de Taekwondo
17:57 09/07/19
17:57 09/07/19
Mateo Boudjenane, bronce na categoría cadete, e Daniel Mosquera e Sara Gacio, ambos tamén bronces na categoría sub 21
Tres dos taekwondistas do club Boudsport que esta fin de semana acudiron aos campionatos de España cadete, júnior e sub 21 terminaron subidos ao podio. Trátase de Mateo Boudjenane, bronce na categoría cadete, e Daniel Mosquera e Sara Gacio, ambos tamén bronces na categoría sub 21. Por outra banda, Sara Soneira rematou quinta clasificada no grupo das cadetes.
Se falamos de federacións a galega foi a clara dominadora deste campionato disputado en Valladolid. Alí proclamouse campioa nacional nas categorías júnior e sub 21. Unha vitoria que a coloca como tricampioa despois de vencer no grupo sénior.