miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

Ferido un ciclista tras sufrir unha caída na N-525, ao seu paso polo concello de Coles

Ferido un ciclista tras sufrir unha caída na N-525, ao seu paso polo concello de Coles
Ferido un ciclista tras sufrir unha caída na N-525, ao seu paso polo concello de Coles

Unha vez estabilizado, o ciclista foi trasladado nun helicóptero ao centro hospitalario de referencia

Un ciclista resultou ferido de diversa consideración, preto das 08:45 horas, tras sufrir unha caída na N-525, ao paso pola localidade ourensá de Coles.

Foi a esa hora, cando o persoal sanitario informaba ao CIAE 112 da mobilización do helicóptero medicalizado con base en Ourense para a atención médica urxente do ciclista accidentado. Unha vez estabilizado, o ciclista foi trasladado na aeronave ao centro hospitalario de referencia.

Ademais, co obxectivo de prestar apoio ao equipo médico do 061-Urxencias Sanitarias, desde o 112 Galicia pediuse a colaboración dos Bombeiros de Carballiño, dos axentes da Garda Civil, así como aos membros do GES de Pereiro e voluntarios de Protección Civil da localidade.

Comentarios
Lo más