miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

Caballero asegura que o PSdeG buscará solucións na problemática do transporte de carbón

Caballero asegura que o PSdeG buscará solucións na problemática do transporte de carbón
Caballero asegura que o PSdeG buscará solucións na problemática do transporte de carbón

Nun encontro no que tamén participaron os deputados no Congreso Pablo Arangüena e Montse García, Gonzalo Caballero trasladou aos transportistas a vontade do PSdeG de “axudar na busca de solucións”

O secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, e o secretario xeral provincial da Coruña, Valentín González Formoso, mantiveron este luns unha xuntanza cos representantes dos transportistas afectados pola problemática do carbón.

Nun encontro no que tamén participaron os deputados no Congreso Pablo Arangüena e Montse García, Gonzalo Caballero trasladou aos transportistas a vontade do PSdeG de “axudar na busca de solucións” ante a problemática existente, así como “a súa disposición e compromiso” á hora de mitigar as dificultades que sofren.

Despois de que os transportistas mantiveran unha xuntanza na Xunta, o líder do PSdeG sinalou que o mercado de emisións de dióxido de carbono está regulado a nivel europeo e incidiu en que a situación actual parte do feito de que se disparou o prezo das emisións de dióxido de carbono ata niveis “non previsibles”.

Por iso, subliñou a necesidade de traballar nas institucións europeas para evitar especulacións nos mercados de emisións, toda vez que compete ao ámbito comunitario, onde é comisario de Enerxía Miguel Arias Cañete, “definir os fundamentos normativos do mercado de emisións de dióxido de carbono”.

Comentarios
Lo más