miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

Choca un camión cisterna contra un vehículo no polígono de Costa Vella

Choca un camión cisterna contra un vehículo no polígono de Costa Vella
Choca un camión cisterna contra un vehículo no polígono de Costa Vella

Tratábase dun choque entre un camión-cisterna e un turismo que circulaban pola SC-20, moi preto da saída do Polígono de Costa Vella

Pasados uns minutos das 17:30 horas, o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias (CIAE) 112 Galicia era informado doutro accidente en Santiago de Compostela. Tratábase dun choque entre un camión-cisterna e un turismo que circulaban pola SC-20, moi preto da saída do Polígono de Costa Vella. Neste caso, afortunadamente, ninguén resultou ferido.

Sen embargo, aínda que os alertantes que chamaron ao 112 para informar do suceso aseguraban que todos os ocupantes do vehículo estaban fora e ningún parecía necesitar asistencia sanitaria, os xestores de emerxencias avisaron, igualmente, ao 061-Urxencias Sanitarias e aos Bombeiros de Santiago. Tamén informaron á Policía Local e a Protección Civil da localidade.

Comentarios
Lo más