O alcalde de Boqueixón entrega os diplomas dos cursos de informática para maiores
06:30 09/07/19
06:30 09/07/19
O alumnado dividiuse en tres grupos, nos que se impartiron nocións básicas sobre informática
O alcalde de Boqueixón, Manuel Fernández Munín, presidiu a entrega de diplomas dos cursos de informática para maiores organizados polo Concello.
Esta acción formativa foi impulsada polo Departamento de Educación e Cultura e contou cunha excelente acollida por parte da trintena de participantes, que amosaron a súa vontade de seguir ampliando coñecementos nesta materia.
As sesións desenvolvéronse nas instalacións da aula de usos múltiples do Concello de Boqueixón. O alumnado dividiuse en tres grupos, nos que se impartiron nocións básicas sobre informática.