As rúas de Santa Marta de Abaixo e a costa de Santa Isabel permanecerán pechadas para reparar o firme
06:30 09/07/19
06:30 09/07/19
Os días 8, 9 e 10 de xullo estará cortado ao tráfico un carril da costa de Santa Isabel
Con motivo dos traballos de reposición do firme despois das obras realizadas en semanas pasadas, a rúa de Santa Marta de Abaixo, entre os números 7 e 25, vai permanecer cortada ao tráfico dende o luns 8 ata o xoves 11 de xullo.
Por outra parte, os días 8, 9 e 10 de xullo estará cortado ao tráfico un carril da costa de Santa Isabel, debido a unhas obras da rede de saneamento para unhas vivendas da Fonte do Ouro. Haberá semáforos para dar paso alternativo aos vehículos.