Apagan un incendio nunha palleira en San Martiño de Lamas
O 112 Galicia tivo constancia dos feitos ao recibir a chamada dunha persoa particular ás 8:00 horas de onte
Un lume orixinado nunha palleira na parroquia de San Martiño de Lamas, en Cospeito, Lugo, calcinou por completo un tractor e tamén consumiu parte do material almacenado no interior do inmoble sen rexistrar danos persoais.
O 112 Galicia tivo constancia dos feitos ao recibir a chamada dunha persoa particular ás 8:00 horas de onte, solicitando axuda para apagar o lume que se iniciara nunha máquina agrícola. De inmediato, desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias, solicitouse a intervención dos Bombeiros de Vilalba e tamén da Garda Civil.
Tras rematar as labores de extinción, confirmouse que o vehículo ardeu por completo e que o fume tamén afectara a outro tractor que había no interior da palleira.