Padrón volve a reeditar o éxito da súa Feira Medieval
Padrón visitou o medievo coa súa Feira Medieval que sa vai pola súa decimocuarta edición
Damas e cabaleiros: a Feira Medieval chegou ao seu fin! Se as rúas e as prazas empedradas de Padrón son sempre unha boa opción, durante a Feira Medieval énchense de moitísima xente. A cita, que este ano tivo lugar os días 5, 6 e 7 de xullo, converteuse tras 14 edicións nun dos eventos máis esperados.
As rúas e comercios engalanados, o mercado medieval e os seus múltiples postos, as exhibicións de cetrería, a música celta e os espectáculos de acróbatas, bufóns e faquires foron parte do atractivo da feira.
Durante estes tres días os visitantes e veciños de Padrón puideron disfrutar dun ambiente totalmente medieval grazas a esa viaxe que as rúas da zona vella da localidade fan a esa época. Centos de persoas puideron pasear por estes espazos tan particulares.
Como sempre, a rapazada tambén foi a que puido pasar un bo rato cos diferentes obradoiros e espectáculos para toda a familia que se atopaban nas rúas da zona.
Por se fora pouco, a música foi outro das grandes bazas desta Feira na que grazas a grupos como os Percu-sons se puideron facer unha viaxe ata o século XII.
Esta feira xa é unha tradición en Padrón que segue a reunir a máis xente ano tras ano e agora toca esperar 365 días para volver a disfrutar dunha viaxe ao pasado