Dúas persoas afectadas por inhalación de fume tras producirse un incendio nunha vivenda en Boiro
Efectivos do servizo sanitario de urxencia atenderon aos afectados no mesmo lugar onde ocorreron os feitos
Un incendio na cociña dun piso á altura do número 107 na Rúa Pesqueira, en Boiro, rematou con dúas persoas atendidas por inhalación de fume ao mediodía de hoxe.
A chamada dun particular, ao fío das 11:30 horas de onte, puxo en alerta aos servizos de emerxencia ao informar que vía saír fume polas fiestras do segundo piso do edificio. Avisados polos xestores do 112 Galicia, os Bombeiros de Boiro desprazáronse ata o punto para tratar de extinguir as lapas que calcinaron a campá extractora e un moble.
Efectivos do servizo sanitario de urxencia atenderon aos afectados no mesmo lugar onde ocorreron os feitos, sen que fose necesario o seu traslado a ningún centro hospitalario.
Tamén formaron parte do operativo os axentes da Garda Civil e da Policía Local. Así mesmo, os membros de Protección Civil da localidade foron informados por se fose necesaria a súa colaboración