miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

Chegan os primeiros rapaces saharauís do programa "Vacacións en Paz"

Chegan os primeiros rapaces saharauís do programa "Vacacións en Paz"
Chegan os primeiros rapaces saharauís do programa "Vacacións en Paz"

Permanecerán na nosa Comunidade ata o 9 de setembro



O conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez Almuiña, recibiu onte pola mañá, no aeroporto de Compostela, ao primeiro grupo do total de 330 nenos e nenas saharauís que participan no programa Vacacións en Paz 2019, organizado en Galicia pola Asociación Solidariedade Galega co Pobo Saharauí. Dende hai varios anos, numerosas familias galegas acollen no verán a nenos e nenas saharauís procedentes dos campamentos de refuxiados, dentro desta iniciativa. Neste 2019, a súa estadía abrangue dende o 7 de xullo ao 9 setembro.

Estes nenos e nenas, grazas á colaboración establecida entre o Sergas e a Asociación Solidariedade Galega co Pobo Saharauí, teñen garantída cobertura sanitaria o tempo que permanezan na nosa Comunidade. Dita cobertura inclúe a atención primaria, a atención especializada e as prestacións farmacéuticas.

A cobertura sanitaria en primaria abrangue as consultas, servizos e centros de saúde; a indicación ou prescrición e a realización de probas e medios diagnósticos; as actividades programadas en materia sanitaria como a vacinación, exames de saúde e outras medidas de prevención, promoción e rehabilitación; ademais de programas de atención á infancia e urxencias.

En canto á atención especializada, inclúese a asistencia ambulatoria especializada en consultas, que pode abarcar os procedementos cirúrxicos menores; a asistencia ambulatoria especializada no hospital de día, que abrangue a asistencia médica, a cirúrxica, a pediátrica para procesos agudos, a reagudización de procesos crónicos ou a realización de tratamentos de procedementos diagnósticos que así o aconsellen; ademais da asistencia especializada en réxime de hospitalización.

No referido á prestación farmacéutica, a colaboración establecida abrangue a dispensación prestada en réxime de internamento e a prescrita en réxime extrahospitalario.

Comentarios
Lo más