miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

A Tafona, de Lucía Freitas consigue o selo Galicia Calidade

A Tafona, de Lucía Freitas consigue o selo Galicia Calidade
A Tafona, de Lucía Freitas consigue o selo Galicia Calidade

A plataforma Galicia Calidade Lecer, que conta xa con 110  empresas certificadas,   agrupa establecementos de ocio, restauración e hostalería de Galicia, entre os que se atopan hoteis, restaurantes, casas rurais e portos deportivos

Os restaurantes A Tafona (Santiago de Compostela) e Paprica (Lugo) e o hotel-restaurante O Semáforo (Fisterra) alcanzaron a certificación do selo Galicia Calidade tras superar os requisitos establecidos pola marca de garantía da Consellería de Economía, Emprego e Industria. 

Trátase de tres establecementos de referencia no sector da restauración e da hostalería de Galicia recoñecidos pola calidade dos seus servizos e propostas gastronómicas. O director xerente de Galicia Calidade, Alfonso Cabaleiro, salientou que estas novas incorporacións veñen a completar unha oferta de establecementos de calidade que, agrupados na plataforma Lecer, ofrecen aos consumidores “unha garantía de calidade e compromiso con Galicia”.

Galicia Calidade Lecer

A plataforma Galicia Calidade Lecer agrupa establecementos de ocio, restauración e hostalería de Galicia con calidade certificada. O obxectivo de Galicia Calidade Lecer é impulsar a calidade como elemento que marque a diferencia respecto doutros destinos turísticos, xerar confianza nos consumidores e acadar maior visibilidade e valoración dos establecementos certificados.

Coas novas incorporacións, a marca de garantía de Galicia conta xa con 110 establecementos certificados, entre os que se atopan hoteis, restaurantes, casas rurais e portos deportivos. Para poder contar co selo de garantía Galicia Calidade, os establecementos deben contar tamén co selo Q de Calidade turística e ter, no caso dos restaurantes, unha oferta gastronómica con produtos avalados polos selos certificación de orixe de Galicia.

A Tafona

A Tafona é o restaurante liderado pola chef compostelana Lucía Freitas, que na última edición foi galardoada cunha estrela  da Guía Michelín. Situado nunha antiga casona compostelá de 1920 combina tradición e modernidade, conceptos que tamén se aplican á súa cociña. Lucía Freitas é na actualidade unha das cociñeiras galegas de referencia. Pertencente ao Grupo Nove Cociñeiros, desenvolveu a súa traxectoria profesional no País Vasco, Barcelona e Mallorca para volver logo á súa terra natal e cumprir o seu soño de abrir un restaurante propio, A Tafona.

Comentarios
Lo más