miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

Últimas horas de Padrón no medievo

Últimas horas de Padrón no medievo
Últimas horas de Padrón no medievo

Hoxe é o último día da Feira Medieval de Padrón

Padrón viaxa ao pasado nestes días na súa XIV Edición da Feira Medieval que neste último día, o máis terá unha cantidade de actividades para todos os públicos que se acheguen a disfrutar desta festa.

Para comezar ás 11:00 horas é a apertura do mercado e posta en marcha de todos os obradoiros da feira. Sobre as 11:15 horas a comitiva a animación e a música abandonan o mercado medieval para dirixirse ao mercadiño dominical de Padrón.

Non se pode perder un o photocall con diversas personaxes mitolóxicas, na Praza Macías, que será sobre as 11:45 horas.

Sobre as 17:00 horas comezan os obradoiros ao vivo mentras as personaxes do mercado fan falcutruadas entre o público asistente. Ás 20:00 horas, os máis pequeno terán unha cita co espectáculo infantil itinerante.

Chegando casi ao final da festa, ás 20:50 horas, faráse entrega de dous obsequios aos locais gañadores dos premios de engalanamento en ornato. A partir desta hora e ata as 00:00 horas, será a quenda da música, das exhibicións e do espectáculo de despedida de Kepler.

Comentarios
Lo más