Colisión por alcance entre coche e camión en Allariz
Ao redor das 12:00 horas, varios particulares contactaron co 112 Galicia para informar do sinistro na parroquia de Santa María de Meire
Esta mediodía, un accidente entre un coche e un camión na A-52, á altura do punto quilométrico 208, en Allariz, deixou ao condutor do turismo ferido de consideración na mañá de hoxe.
Ao redor das 12:00 horas, varios particulares contactaron co 112 Galicia para informar do sinistro na parroquia de Santa María de Meire. Segundo a información facilitada aos xestores do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias, o condutor estaba cambiando unha das rodas do vehículo cando foi alcanzado polo camión. A causa do impacto, o home saíu despedido.
Unha ambulancia do 061-Urxencias Sanitarias trasladou ao ferido ao centro hospitalario de referencia. O operativo contou coa colaboración dos Bombeiros de Xinzo de Limia e axentes da Garda Civil de Tráfico. A Policía Local tamén foi informada por se fose necesaria a súa intervención.