Padrón segue disfrutando da súa Feira Medieval
Segundo día desta feira medieval na vila de Padrón
Padrón viaxa ao pasado nestes días na súa XIV Edición da Feira Medieval que neste segundo día, o máis grande dos tres programados, terá unha cantidade de actividades para todos os públicos que se acheguen a disfrutar desta festa.
Para comezar ás 11:00 horas é a apertura do mercado e posta en marcha de todos os obradoiros da feira. Sobre as 11:10 horas a comitiva de autoridades e organización pasarán para explicar os detalles do mercado no que estarán o alcalde Padrón e o concelleiro de Festexos.
A exhibición de cetraría polas rúas do mercado e cargo do cetreiro real será ás 12:00 horas. Ás 12:30 horas os personaxes de época paseará polas rúas de Padrón para animar aos visitantes.
A partir das 17:00 horas comezarán diferentes actividaes como obradoiros ao vivo o exhibicións nos diferentes postos da feira. Ás 19:00 horas o cetreiro real fará voar as súas aves na Praza Baltar.
O momento importante do día será ás 19:15 horas cando apareza en escena Macías o Namorado, personaxe ilustre da vila de Padrón.
Para rematar, a partir das 21:00 horas se poderá disfrutar de música e espectáculos nas rúas grazas ao grupo Grimorium, Percu-sons ou Kepple cunha función no que o lume será o gran protagonista.
A festa continuará ata as 1:00 horas cando se peche o mercado se poña fin ao segundo día da Feira Medieval.