miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

Esíxenlle explicacións á Xunta "polo traslado dun xerente imputado á area de Ourense"

Esíxenlle explicacións á Xunta "polo traslado dun xerente imputado á area de Ourense"
Esíxenlle explicacións á Xunta "polo traslado dun xerente imputado á area de Ourense"

Para Solla, Félix Ruibal debería ter dimitido hai tempo por un presunto delito de homicio tras denegar medicamentos a enfermos de Hepatite C,

"A consellería debe dar explicaciósn ante o traslado do xerente imputado da área de Vigo á area de Ourense", sinala a parlamentaria Eva Solla tras darase a coñecer a nova dada a coñecer esta mañá sobre os cambios nas xerencias sanitarias das áreas de Vigo e Ourense. Para Solla, Félix Ruibal debería ter dimitido hai tempo por un presunto delito de homicio tras denegar medicamentos a enfermos de Hepatite C, "pero tamén porque foi absolutamente incapaz de ter o mínimo diálogo cos profesionais sanitarios".

"Lonxe de solventar problemas, Ruibal xerou moitas dificultades nunha área sanitaria coma a de Vigo, que é a que sofre a peor precariedade laboral do persoal sanitario e as maiores listas de agarda de todo o conxunto do Servizo Galego de Saúde", lembra a deputada do Grupo Parlamentario En Marea, a quen lle resulta incomprensible que "perante esta situación de incapacidade de xestionar todo o que ten que ver coa asitencia sanitaria pero tamén a intendencia relacionada co persoal sanitario e sendo unha persoa que está imputada por un delito de homicidio se traslada como xerente a outra area sanitaria, neste caso a de Ourense".

Nese senso, Solla tamén se pregunta que lle fixeron os homes e mulleres de Ourense a Feijóo para que volvan ter un xerente incapaz de xestionar os problemas sanitarios. "Xa non seu dia tiveron que sufrir a unha persoa coma Eloína Nuñez, con absoluta incapacidade de dialogo cos profesionais, que causou múltiples problemas ó longo de todo o tempo que estivo á fronte da xerencia e agora vense obrigadas a asumir a dirección dunha persoa que xa no seu posto anterior demostrou unha incapacidade manifesta" 

Comentarios
Lo más