miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

46 deportistas de Compostela competirá na XIII edición dos Xogos do Eixo Atlántico

46 deportistas de Compostela competirá na XIII edición dos Xogos do Eixo Atlántico
46 deportistas de Compostela competirá na XIII edición dos Xogos do Eixo Atlántico

Os Xogos do Eixo Atlántico arrincarán o luns 8, ás 16:00 horas, coa celebración da cerimonia inaugural.

A concelleira de Deportes, Esther Pedrosa, presentou a participación de Santiago na XIII edición dos Xogos do Eixo Atlántico que se van desenvolver na cidade portuguesa de Braga do 7 ao 12 de xullo. A delegación compostelá está formada por 46 deportistas e 10 técnicos, que competirán nas disciplinas de fútbol 7, natación, baloncesto e atletismo adaptado.

Esther Pedrosa destacou a importancia desta cita, polo que supón de "suma de convivencia e deporte". Así, os/as deportistas composteláns estarán en Braga con preto de 1.800 mozos e mozas de diferentes municipios de Galicia e do norte de Portugal.

O delegado municipal nesta cita será Amancio Pena, quen foi o encargado de dar conta do plan de viaxe, que comezará coa saída da comitiva santiaguesa o domingo 7, ás 16:00 horas, dende o Estadio de San Lázaro. O horario de volta dende Braga, o venres 12, dependerá das finais ás que cheguen os/as deportistas composteláns/ás.

Os Xogos do Eixo Atlántico arrincarán o luns 8, ás 16:00 horas, coa celebración da cerimonia inaugural. Este día xa haberá competición, que se prolongará ata o venres 12 de xullo, data que se celebrarán as finais de fútbol-7 e baloncesto, as últimas do torneo. 

Comentarios
Lo más