miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

Dúas persoas excarceradas tras saírse da vía co coche que circulaban en Xinzo de Limia

Dúas persoas excarceradas tras saírse da vía co coche que circulaban en Xinzo de Limia
Dúas persoas excarceradas tras saírse da vía co coche que circulaban en Xinzo de Limia

O accidente ocorreu cando o turismo circulaba pola A-52, dirección Ourense, concretamente, á entrada da Autovía

Unha saída de vía deixou esta mañá, preto das 09:45 horas, a dúas persoas feridas de consideración, no termo municipal de Xinzo de Limia. Segundo os datos facilitados ao 112 Galicia, foi necesaria a intervención dos bombeiros para liberar aos feridos, tras quedar atrapados no interior do vehículo.

O accidente ocorreu cando o turismo circulaba pola A-52, dirección Ourense, concretamente, á entrada da Autovía. Ademais dos servizos sanitarios de urxencia, ata ao lugar desprazáronse nada máis ser alertados polo 112 Galicia, os membros do parque comarcal de Xinzo, os axentes da Garda Civil de Tráfico e Policía Local e os efectivos do Servizo de Protección Civil da localidade.

Tras ser liberados, os feridos foron evacuados polo persoal sanitario.

Comentarios
Lo más