Xornada de ceos anubrados con posibilidade de tormenta
08:00 05/07/19
08:00 05/07/19
En Compostela a temperatura mínima acadará 14ºC e a máxima os 23ºC
As baixas presións e o aire frío en altura continuarán unha xornada máis ao oeste da península Ibérica achegando inestabilidade.
Deste xeito os ceos estarán parcialmente anubrados, con máis nubes ao principio do día polo oeste e máis claros en xeral durante a tarde; pola tarde medrarán nubes de evolución que poderán deixar chuvascos treboentos.
As temperaturas sufrirán un moderado descenso. En Compostela a temperatura mínima acadará 14ºC e a máxima os 23ºC.
Os ventos soprarán frouxos de dirección variable.