Un operario resulta ferido ao caerlle pedras na construcción dun túnel de Ferrol
O operativo contou coa axuda do persoal da Autoridade Portuaria e a supervisión dos axentes de seguridade locais, nacionais e Garda Civil
Os servizos sanitarios de urxencia trasladaron esta tarde a un operario que resultou ferido a causa dun desprendemento de pedras no interior do túnel en construción do Porto Exterior de Ferrol.
Sucedeu ás 18:30 horas de onte, cando varios compañeiros contactaron co 112 Galicia para informar da situación e pedir asistencia médica para o traballador, que sufriu o accidente cando trataba de apuntalar no interior do túnel.
Desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias de Galicia, solicitouse a intervención dos profesionais do 061-Urxencias Sanitarias e pediuse a colaboración dos Bombeiros de Ferrol, que descartaron intervir en canto comprobaron que o operario estaba liberado e accesible.
Ademais, o operativo contou coa axuda do persoal da Autoridade Portuaria e a supervisión dos axentes de seguridade locais, nacionais e Garda Civil.