ECI entrega o lote de libros do sorteo da XIV edición do Premio de Novela Europea Casino de Santiago
O sorteo realizouse entre todas as papeletas recollidas nos tres puntos de votación; Casino de Santiago, Biblioteca Anxel Casal e a librería de El Corte Inglés de Santiago
Onte á mañá María Begoña Redondo Neira recolleu da man da responsable da librería de El Corte Inglés de Santiago, Conchi Sánchez, o lote de libros que se sorteou entre todos os votantes, sección A de xurado, da XIV edición do premio de Novela Europea Casino de Santiago.
O sorteo realizouse entre todas as papeletas recollidas nos tres puntos de votación; Casino de Santiago, Biblioteca Anxel Casal e a librería de El Corte Inglés de Santiago, do 24 ao 29 de xuño de 2019 e celebrouse o pasado luns, día 1 de xullo, durante a reunión do Xurado na sede do Casino.
Á Sección A do Xurado, estivo formada por todos os residentes, estudantes e persoas que desenvolven a súa actividade profesional no Concello de Santiago, cun peso do 40% no fallo.