miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

CEGADI e a Xerencia Sanitaria de Compostela asinan hoxe un acordo de colaboración

CEGADI e a Xerencia Sanitaria de Compostela asinan hoxe un acordo de colaboración
CEGADI e a Xerencia Sanitaria de Compostela asinan hoxe un acordo de colaboración

COGAMI e a Xerencia da Estrutura de Xestión Integrada de Santiago de Compostela asinan un acordo de colaboración no marco do proxecto innovador que se leva a cabo nas instalacións do CEGADI

No día de hoxe, venres 5 de xullo ás 11:00 horas, terá lugar nas instalacións do Centro Galego de Desenvolvemento Integral para persoas con discapacidade (CEGADI), do barrio compostelán de Salgueiriños, a sinatura dun acordo de colaboración entre a Confederación Galega de Persoas con Discapacidade (COGAMI) e a Xerencia da Estrutura de Xestión Integrada de Santiago de Compostela (EOXI de Santiago de Compostela) no marco do proxecto innovador centrado na investigación de novas metodoloxías, terapias e intervencións encamiñadas a mellorar a autonomía das persoas en situación de dependencia dende a idade temperá.

O obxecto do presente acordo é dar coñecer o proxecto, promovido pola Xunta de Galicia en colaboración con COGAMI e que se está a desenvolver nas instalacións do CEGADI cunha duración de catro anos, entre as persoas usuarias dos servizos sanitarios ofertados polo Complexo Hospitalario Clínico Universitario de Santiago de Compostela (CHUS) susceptibles de ser beneficiarias do mesmo.


Comentarios
Lo más