miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

Ames celebra as festas na honra de Santo Tomé esta fin de semana

Ames celebra as festas na honra de Santo Tomé esta fin de semana
Ames celebra as festas na honra de Santo Tomé esta fin de semana

A Asociación de Festas de Ames organiza esta fin de semana dous días de festividades cos que celebrar a conmemoración de Santo Tomé, patrón da localidade

A Asociación de Festas de Ames organiza esta fin de semana dous días de festa cos que celebrar a conmemoración de Santo Tomé, patrón da localidade. A celebración estará marcada polas actuacións musicais, entre elas a da orquestra Combo Dominicano, e o pasarrúas a cargo do grupo de gaitas Retranqueiros. Os festexos realizaranse no campo da festa de Ames.

As festas de Santo Tomé de Ames comezarán este sábado, 6 de xullo, co tradicional disparo de vinte e unha bombas de palenque ás 09.00 para anunciar as festas patronais. Ás 13.00h terá lugar unha misa solemne na honra de Santo Tomé, trala que se celebrará a sesión vermú, que será amenizada pola orquestra Fin de Siglo. Este mesmo grupo será o encargado de amenizar a verbena nocturna, durante a que estará acompañado pola orquestra La noche de O Grove.

O domingo a festa continuará ás 9.00h co disparo de outras vinte e unha bombas de palenque, seguido dun pasarrúas pola parroquia a cargo do grupo de gaitas Os Retranqueiros. Ás 13.00h desenvolverase unha misa solemne na igrexa da localidade. A continuación, a festa proseguirá coa sesión vermú, na que as persoas asistentes poderán gozar da música da orquestra Unión y Fuerza. Pola noite, a verbena será amenizada polas orquestras Unión y Fuerza e Combo Dominicano.

Comentarios
Lo más