miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

Comezan a entrar os chubascos en Compostela

Comezan a entrar os chubascos en Compostela
Comezan a entrar os chubascos en Compostela

En Compostela a temperatura mínima acadará os 17ºC e a máxima de 26ºC

O xoves estaremos na influencia dunha borrasca situada ao oeste de Portugal e con presencia de aire frío en altura.

Esta situación fará que teñamos un día marcado pola inestabilidade atmosférica, con ceos alternando nubes e claros e nubes de evolución que deixarán chuvascos localmente treboentos e intensos, máis probables nas comarcas do interior pola tarde. 

As temperaturas ascenderán lixeiramente, sendo máis pronunciado na metade norte. En Compostela a temperatura mínima acadará os 17ºC e a máxima de 26ºC.

Os ventos soprarán frouxos de compoñente norte, con rexime de brisas no entorno das Rías Baixas.

Comentarios
Lo más