miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

Padrón será o epicentro do ocio esta fin de semana coa proba nacional de saltos hípicos

Padrón será o epicentro do ocio esta fin de semana coa proba nacional de saltos hípicos
Padrón será o epicentro do ocio esta fin de semana coa proba nacional de saltos hípicos

O concurso contará coa participación de 120 xinetes e cabalos inscritos nas probas

Este venres 5 de xullo e ata o domingo 7 o campo de fútbol do Souto acollerá o Concurso de Saltos Nacional Dúas Estrelas e Cabalos Xoves do Concello de Padrón, que contará coa participación de 120 xinetes e cabalos. Ángel Rodríguez, concelleiro de Festexos, asegura que "Padrón recupera unha competición de saltos que xa se celebrara nos anos 80 na mesma contorna do campo de fútbol".

Javier Masaguer, presidente do Comité Organizador do concurso, explicou que este ano repartiránse 8.800 euros en premios. As probas comezarán o venres entre as 11:00 e as 21:30 horas, o sábado de 11:00 a 23:00 horas e o domingo de 10:00 a 19:30 horas. A novidade de este ano radica na "celebración de probas nocturnas con luz artificial".

En saltos hípicos haberá probas que irán desde os 0,50 metros ata os 1,30 metros. Haberá cabida a probas especiais, unha de elas adicada ao Camiño de Santiago, na que os xinetes terán que facer unha parte do percorrido correndo cunha mochila e a outra cabalgando. A estrela do programa, o Gran Premio de saltos de 1,30 metros, terá lugar o domingo ás 18:00 horas no que se poderá disfrutar d+os mellores xinetes de toda España.

Dani Barreiro & Friends serán os encargados de abrir estas xornadas cun concerto inaugural na carpa ubicada no campo de fútbol, apostando desta maneira pola música e o ocio para chegar a moita máis xente.

Masaguer asegura que "é unha gran responsabilidade celebrar este concurso nun lugar como Padrón que ten unha gran tradición cabalar, como se puido ver fai un par de semanas nas Festas da Pascua. A nosa intención é que este evento se poida consolidar no tempo e adquira estabilidade tanto a nivel deportivo como institucional para que Padrón poida gozar durante moitos anos dun evento deportivo referente en Galicia.

Comentarios
Lo más