Un incendio en Salceda de Caselas calcina un total de 12 vehículos
Unha vez extinguidas as lapas e arrefriada a zona, sobre as 22:00 horas, os bombeiros deron por rematado o operativo
O incendio declarado onte nunha nave dedicada á restauración de vehículos clásicos, situada no Pomar de Suso, calcinou mais dunha trintena de vehículos. Así mesmo, o lume afectou á estrutura e ao tellado do inmoble. Afortunadamente, non houbo que lamentar danos persoais.
Debido á magnitude do incendio e á alta temperatura acadada foi preciso aumentar a intervención dos efectivos de extinción, por iso, desde a posta en marcha do operativo, ás 17:30 horas, traballaron arreo os bombeiros de Baixo Miño e do Morrazo.
Tamén, os bombeiros de Ponteareas, efectivos de Protección Civil e os axentes da Garda Civil e Policía Local formaron parte do dispositivo posto en marcha polo 112 Galicia, ademais dunha ambulancia do 061-Urxencias Sanitarias, que permaneceu no lugar ata finalizadas as tarefas de extinción, por se fose necesario ofrecer asistencia nalgún momento.
Unha vez extinguidas as lapas e arrefriada a zona, sobre as 22:00 horas, os bombeiros deron por rematado o operativo.