Un operario é atendido no hospital tras caer mentres traballaba na Coruña
09:22 03/07/19
09:22 03/07/19
Ata o lugar dos feitos foron os servizos sanitarios para atender ao traballador
No concello da Coruña, un traballador foi evacuado ao hospital tras sufrir unha caída na Rúa de Rodrigo de Santiago.
O Centro Integrado de Atención ás Emerxencias foi informado do accidente polos servizos sanitarios, que desprazaron ata o lugar unha ambulancia para trasladar ao ferido.
Tamén informouse do accidente aos Bombeiros da Coruña, á Policía Nacional e Local e aos voluntarios de Protección Civil.