miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

Bombeiros do Morrazo e do Baixo Miño apagan un incendio nun galpón que gardaba varios vehículos

Bombeiros do Morrazo e do Baixo Miño apagan un incendio nun galpón que gardaba varios vehículos
Bombeiros do Morrazo e do Baixo Miño apagan un incendio nun galpón que gardaba varios vehículos

O sucesos produciuse sobre as 17:30 horas da tarde de onte

Un incendio nun galpón no que se gardaban coches obriga a actuar a dotacións de bombeiros do Baixo Miño e do Morrazo.

Ademais, unha ambulancia permanece no punto para ofrecer asistencia aos servizos de extinción en caso de ser necesario e de continuar aumentando a temperatura do incendio.

Ás 17:30 horas da tarde de onte, unha chamada ao 112 Galicia alertaba dun lume no interior dun galpón situado no Pomar de Suso, en Salceda de Caselas, e destinado ao almacén de vehículos sen actividade industrial. Por fortuna, ninguén resultou ferido, mais a temperatura acadada polo incendio obrigou a aumentar os efectivos de extinción e enviar unha ambulancia do 061-Urxencias Sanitarias para ofrecer asistencia ao operativo en caso necesario.

Deste xeito, no lugar están a traballar dotacións dos parques do Baixo Miño e do Morrazo coa colaboración dos voluntarios de Protección Civil da vila e dos axentes da Policía Local. 

Comentarios
Lo más