Morre un traballador ao envorcar o vehículo que manexaba
06:30 03/07/19
06:30 03/07/19
Os servicios sanitarios non puideron facer nada pola vida do operario
Un traballador faleceu na tarde de hoxe ao sufrir un accidente co vehículo que manexaba na parroquia ourensá de Santa Ana da Portela do Trigal, en Carballeda de Valdeorras.
O 112 Galicia tivo constancia dos feitos ás 16:30 horas de onte tras recibir a chamada dunha persoa que informaba dun operario atrapado baixo unha carretilla. De inmediato, os xestores do 112 Galicia solicitaron a intervención dos servizos sanitarios que apenas puideron confirmar o falecemento da vítima.
Ademáis, acudiron os axentes da Garda Civil, os Bombeiros de Valdeorrase o GES da localidade, estos últimos, para tratar de liberar o traballador que permanecia baixo o vehículo.