A temperatura subirá ata os 30ºC durante o día de hoxe
08:00 03/07/19
08:00 03/07/19
En Compostela a temperatura mínima acadará os 15ºC e a máxima chegará aos 30ºC
O mércores aumenta a inestabilidade atmosférica xa que por unha banda entra o aire frío nas capas altas da atmosfera e pola outra ascenden as temperaturas en superficie.
Así, os ceos alternarán nubes e claros en xeral, con máis nubes baixas no terzo norte.
Na segunda metade do día medrarán nubes de evolución que poderán deixar algún chuvasco de carácter tormentoso no interior.
As temperaturas estarán en ascenso, lixeiro nas mínimas e moderado nas máximas. En Compostela a temperatura mínima acadará os 15ºC e a máxima chegará aos 30ºC.
O vento soprará frouxo do nordés, sendo forte na Costa da Morte.