Ferida unha muller ao envorar o seu vehículo en Toén
A condutora, tras envorcar o turismo, puido saír polos seus propios medios do seu interior
Unha condutora foi evacuada esta mañá polos servizos sanitarios de urxencia despois de saírse da vía co seu vehículo cando circulaba pola A-52, ao redor do punto quilométrico 239, á altura do concello de Toén (Ourense).
Afortunadamente, a condutora, tras envorcar o turismo, puido saír polos seus propios medios do seu interior, polo que os medios desprazados ao punto descartaron o uso do material de excarceración.
Tras recibir a chamada de varios alertantes, o 112 Galicia puxo os feitos en coñecemento dos servizos sanitarios do 061, dos Bombeiros do Carballliño, do GES de Ribadavia e dos axentes de Tráfico e da Policía Local. Do mesmo xeito, os xestores de emerxencias informaron aos efectivos de Protección Civil da localidade e ao persoal do servizo de mantemento da estrada.
Unha vez no lugar, os membros do GES confirmaron ao 112 Galicia, que a muller fora trasladada en ambulancia ata o centro hospitalario de referencia.