miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

Ferido un traballador tras sufrir un accidente no Peirao de San Diego, na Coruña

Ferido un traballador tras sufrir un accidente no Peirao de San Diego, na Coruña
Ferido un traballador tras sufrir un accidente no Peirao de San Diego, na Coruña

O Centro Integrado de Atención ás Emerxencias (CIAE) 112 Galicia tivo constancia do accidente a escasos minutos das 07:00 horas desta mañá

Un operario sufre queimaduras de consideración mentres realizaba o seu traballo no Peirao de San Diego, lugar onde se fan descargas de asfalto, na Coruña.

O Centro Integrado de Atención ás Emerxencias (CIAE) 112 Galicia tivo constancia do accidente a escasos minutos das 07:00 horas desta mañá, a través do persoal do 061- Urxencias Sanitarias, que axiña desprazou unha ambulancia ao punto. Sen embargo, minutos despois, os profesionais sanitarios comunicaron que o home fora evacuado ao centro hospitalario de referencia, polo mesmo persoal da empresa que realizaba os traballos no lugar dos feitos.

Iso si, nada mais recibir a alerta, o 112 Galicia informou do sucedido á Autoridade Portuaria e aos axentes da Policía Nacional e Local.

Comentarios
Lo más