Sábados culturais con vermú na libraría Chan da Pólvora
07:30 06/07/19
07:30 06/07/19
. A Fiestra da Chan pretenden sumarse á moda da maridaxe sen complexos: poesía, música electrónica e vermute
Ao longo dos tres primeiros sábados do mes de xullo, a partires das 12:30, inauguramos unha nova proposta cultural na Libraría Chan da Pólvora. A Fiestra da Chan pretenden sumarse á moda da maridaxe sen complexos: poesía, música electrónica e vermute. Por suposto, todo cun toque de alegría e salseo picante "mas non troppo"...
DÍA 6 - Rosalía Fernández Rial (poesía) & Paula Doors (música).
DÍA 13 - María do Cebreiro e amigos (poesía) & Pablo Electrocute (música). Acceso con invitación
DÍA 20 - Charo Lopes & Russinha (música).
A especia sorpresa correrá a cargo das Bodegas Lodeiros.