miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

Críticas do Partido Popular de Ames polo aumento das dedicacións do Goberno de Miñones

Críticas do Partido Popular de Ames polo aumento das dedicacións do Goberno de Miñones
Críticas do Partido Popular de Ames polo aumento das dedicacións do Goberno de Miñones

Os populares falan dunha importante suba de salarios tanto para o alcalde como para o resto dos concelleiros

Duras críticas do Partido Popular de Ames ao alcalde José Miñones polas retribucións que se aprobarán hoxe no pleno de organización do concello. Segundo os de Argibay esta consentimento faise "coa complicidade de BNG e Podemos" xa que 15 cargos serán retribuídos, dos cales 11 terán un soldo maior "incrementaddo case nun 59%" e catro cargos de confianza cunha retribución "que supera o 107% con respecto o anterior mandato".

Os populares consideran que Miñones fixo "a súa axencia de colocación municipal en exclusiva" xa que segundo as cifras que eles mesmos difunden suporá un gasto de 2.400.000 euros para todo o mandato dos vindeiros catro anos.

Os soldo de Miñones pasará dos 49.716,66 euros aos 53.000 euros, un incremento do 6,60%. Pola súa banda, os voceiros do PSdeG-PSOE, BNG e Podemos verán incrementada a súa nómina mensual pasando a cobrar 39.750 euros. Ademáis, creánse dúas novas dedicacións exclusivas que ascenden a 68.900 euros en total.

A formación de Argibay rexeitará hoxe a proposta da alcaldía aínda que sairá adiante polos votos a favor do BNG e de Podemos que segundo eles "serán beneficiarios desta medida".

Cabe destacar que o departamento de intervención e tesourería xa avisou ao Goberno Local que terán que facer unha modificación do orzamento do 2019 cunha trasnferencia de crédito, debido ao aumento das cargas salariais da nova corporación.

Comentarios
Lo más