miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

Morre afogado unha persoa sesaxenaria en San Fiz de Baños, en Ourense

Morre afogado unha persoa sesaxenaria en San Fiz de Baños, en Ourense
Morre afogado unha persoa sesaxenaria en San Fiz de Baños, en Ourense

O 112 Galicia tivo constancia dos feitos ao recibir o aviso do servizo sanitario de urxencias indicando a mobilización do helicóptero medicalizado con base en Ourense

Un sesaxenario perdeu a vida na tarde de hoxe na parroquia de San Fiz de Baños, en Ourense. O individuo foi encontrado no río localizado entre A Veiga e Baños ao redor das 18:00 horas.

O 112 Galicia tivo constancia dos feitos ao recibir o aviso do servizo sanitario de urxencias indicando a mobilización do helicóptero medicalizado con base en Ourense para socorrer a unha persoa afogada. De inmediato, os xestores do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias informaron aos Bombeiros e ao GES de Valdeorras, á Garda Civil e tamén aos voluntarios de Protección Civil da localidade.

Desafortunadamente, pese aos esforzos dos servizos de emerxencia, nada puideron facer por salvarlle a vida.

Comentarios
Lo más