miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

Morre un mergullador cando foi alcanzado por unha embarcación que escapou

Morre un mergullador cando foi alcanzado por unha embarcación que escapou
Morre un mergullador cando foi alcanzado por unha embarcación que escapou

O 112 Galicia recibiu os dous avisos a un tempo, ao fío das seis da tarde de onte, a través de varias persoas que navegaban pola zona e dos equipos de Salvamento Marítimo

Un mergullador perdeu a vida e outro resultou ferido de carácter leve en senllos accidentes rexistrados na tarde de onte en Punta Cabicastro, Sanxenxo.

Ambos os dous practicaban pesca submarina cando a vítima mortal foi alcanzada por unha embarcación e o outro mergullador feriuse levemente cun arpón.

O 112 Galicia recibiu os dous avisos a un tempo, ao fío das seis da tarde de onte, a través de varias persoas que navegaban pola zona e dos equipos de Salvamento Marítimo. Decontado, avisouse aos profesionais sanitarios, xa que a persoa que fora alcanzada pola embarcación atopábase en parada cardiorrespiratoria sobre unhas rochas en Punta Cabicastro, na parroquia de Portonovo.

Alí acudiu un equipo do 061-Urxencias Sanitarias a bordo dunha UVI Móbil, mentres que unha asistencial dirixíase a atender ao mergullador que na mesma zona cravou un arpón. Con todo, os profesionais sanitarios nada puideron facer por salvar a vida do primeiro, que no momento do accidente realizaba pesca submarina xunto cun compañeiro.

Pola súa banda, o mergullador ferido levemente co arpón saíu da auga polos seus propios medios e incluso rexeitou ser evacuado en ambulacia para dirixirse el mesmo ao Punto de Atención Continuada da localidade. 

Cómpre sinalar que este operativo contou en todo momento coa participación do Grupo Supramunicipal de Emerxencias, así como dos axentes da Garda Civil e da Policía Local.

Comentarios
Lo más