miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

Comezaron os campamentos de conciliación de Ribeira

Comezaron os campamentos de conciliación de Ribeira
Comezaron os campamentos de conciliación de Ribeira

A concelleira de Cultura, María Sampedro, desprazouse ata o centro escolar para comprobar o arranque dunha acción formativa que se prolongará durante os meses de xullo e agosto

Os campamentos Xoga con Nós e Camp of Cultural Summer organizados polo Concello de Ribeira comezaron o luns no colexio O Grupo coa participación de 160 rapaces de 3 a 12 anos de idade.

A concelleira de Cultura, María Sampedro, desprazouse ata o centro escolar para comprobar o arranque dunha acción formativa que se prolongará durante os meses de xullo e agosto, de luns a venres, coa fin de facilitar a conciliación familiar e laboral dos seus proxenitores.

Ademais, o alumnado destes campamentos seguirá enriquecendo a súa aprendizaxe posto que este ano o campamento incidirá na etnografía e no patrimonio cun primeiro mes que estará dedicado aos oficios e diferentes elementos tradicionais da vida galega (dornas, hórreos, cestos…) mentres que en agosto abordará o noso folclore.

Comentarios
Lo más