miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

Servizo de transporte público especial para o concerto de Alejandro Sanz

Servizo de transporte público especial para o concerto de Alejandro Sanz
Servizo de transporte público especial para o concerto de Alejandro Sanz

O prezo do billete xeral do servizo lanzadeira será de 1 euro

O Concello de Santiago xa estebleceu o servizo especial polo concerto de Alejandro Sanz que contará con dúas liñas de lanzadeiras, unha desde o centro da cidade (zona da estación de ferrocarril) e outra desde o recinto feiral de Amio (zona habilitada de aparcadoiro).

LIÑA ESPECIAL 1 (lanzadeira Centro Cidade – acceso Monte do Gozo).


  1. Punto de saída: Hórreo, carril bus estación ferrocarril. A partir das 17:00 ata as 21:30.

    Punto de saída a partir das 23:30: avenida Fernando Casas Novoa, confluencia con SC-20. Ata as 2:30.

    LIÑA ESPECIAL 2 (lanzadeira Recinto feiral de Amio – acceso Monte do Gozo).

    Punto de saída: acceso recinto feiral de Amio. A partir das 17:00 ata as 21:30.

    Punto de saída a partir das 23:30: Rúa de San Lázaro, confluencia Miguel Ferro Caaveiro. Ata as 2:30.

    ALTERNATIVAS DOS AUTOBUSES URBANOS

    Outras liÑas de transporte urbano para achegarse ao Monte do Gozo:

    LIÑA 6 (Os Tilos – San Marcos):

    - Con paradas nas inmediacións do complexo Monte do Gozo (zona da Costa de San Marcos, hotel Santiago Apóstol).Frecuencia de 30’ o sábado pola tarde, con servizo de reforzo entre as 17:00 e as 21:30.

    Paradas máis céntricas para acceder á liña 6:

    - 691. Hórreo RENFE.

    - 276. Hórreo Parlamento.

    - 228. Ensinanza.

    - 662. Virxe da Cerca nº 10.

    Parada máis próxima á estación de autobuses para acceder á liña 6:

    - 533. Avenida Rodríguez de Viguri, estación de autobuses.

    Parada máis próxima ao estadio de San Lázaro para acceder á liña 6:

    562. Rúa de San Lázaro nº82 

    LIÑA 7 (rúa de Valle Inclán - Aríns):

    Con paradas nas inmediacións do complexo Monte do Gozo (rotonda de Agra dos Campos con rúa das Estrelas).Frecuencia de 60 minutos o sábado pola tarde.

    Paradas máis céntricas para acceder á liña 7:

    - 637. Valle Inclán (dársena de autobuses). 

    - Virxe da Cerca (praza de abastos). 

    - Fonte de Santo Antonio nº 3.

    - 410. Praza de Galicia nº 3.

Comentarios
Lo más