miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

Preto de 258.000 euros para os espectáculos nocturnos dos Fogos do Apóstolo

Preto de 258.000 euros para os espectáculos nocturnos dos Fogos do Apóstolo
Preto de 258.000 euros para os espectáculos nocturnos dos Fogos do Apóstolo

O secretario da Xunta de Goberno Local, Sindo Guinarte, deu conta desta adxudicación, que inclúe tanto o espectáculo do 24 de xullo na praza do Obradoiro como os fogos fin de festa do 31 no entorno do Campus Sur

A Xunta de Goberno Local adxudicou este luns o servizo de deseño, produción, montaxe e realización dos espectáculos nocturnos das festas do Apóstolo 2019, por un importe total de 257.713 euros (IVE incluído). Acciona Producciones y Diseño repite na organización dos Fogos, xa que tamén foi a empresa adxudicataria na edición de 2018.

O secretario da Xunta de Goberno Local, Sindo Guinarte, deu conta desta adxudicación, que inclúe tanto o espectáculo do 24 de xullo na praza do Obradoiro como os fogos fin de festa do 31 no entorno do Campus Sur. O servizo inclúe tamén o deseño de folletos informativos co guión e a explicación do espectáculo.

Un ano máis, no espectáculo da noite do 24 de xullo non se utilizará a Catedral e demais edificios do conxunto catedralicio (fachadas, escalinata, balcóns, varandas, reixas…) como soporte de calquera elemento necesario para a realización do espectáculo, xa sexan artefactos pirotécnicos de luz ou instalacións auxiliares. Polo tanto, usarase principalmente o Pazo de Raxoi.

PERSOAL EVENTUAL

Por outra parte, a Xunta de Goberno aprobou o acordo de fixación do número, retribucións e características do persoal eventual, que queda do seguinte xeito: un coordinador do Gabinete de Alcaldía (Grupo A1, Nivel 26); tres asesores do Goberno municipal (A1, 22); un asesor a tempo parcial adscrito ao grupo municipal do PP (A1, 24); dous asesores adscritos ao PP (A1, 22); catro prazas de administrativos, dúas delas adscritas ao grupo municipal do PSdeG-PSOE e dúas ao PP (C1, 22); tres prazas de administrativos, dúas delas adscritas ao PSdeG-PSOE e unha ao grupo municipal de CA (C1, 20); dúas prazas de administrativos adscritas a CA (C2, 16) e dúas prazas de administrativos adscritas ao BNG (C2,14).

XOGOS DO EIXO ATLÁNTICO

No ámbito deportivo, o Goberno local autorizou o desprazamento da delegación compostelá que participará nos XIII Xogos do Eixo Atlántico, que se celebrarán do 7 ao 12 de xullo na localidade portuguesa de Braga. A delegación estará formada por 56 deportistas, que participarán nas disciplinas de baloncesto, fútbol 8, natación e atletismo.

SENTENZA NON RECORRIDA

Sindo Guinarte tamén deu conta da decisión da Xunta de Goberno de no recorrer en casación a sentenza favorable (29 de maio de 2019) á empresa Doal relativa á adxudicación do servizo da ORA e do guindastre en 2012. Segundo explicou o secretario da Xunta de Goberno Local, os servizos xurídicos municipais consideran pouco viable o recurso e mesmo a posibilidade de que este "non sexa admitido a trámite".

LICENZAS 

Finalmente, en materia de licenzas, destaca a concedida para construción dun edificio para 24 vivendas de protección autonómica (VPA) e locais na rúa da Estrada, no Castiñeiriño. 

Comentarios
Lo más