Tres persoas feridas por unha colisión de tres vehículos en Vilagarcía de Arousa
16:46 01/07/19
16:46 01/07/19
Tras ser alertados polos servizos sanitarios de urxencia, os xestores do 112 Galicia informaron decontado á Policía Local
En Vilagarcía, tres persoas resultaron feridas de carácter leve ao producirse unha colisión por alcance entre tres turismos que circulaban á altura do Centro Comercial Arousa.
Tras ser alertados polos servizos sanitarios de urxencia, os xestores do 112 Galicia informaron decontado á Policía Local, aos Bombeiros e aos membros do Servizo Municipal de Emerxencias, que confirmaron o traslado dos tres feridos ao centro hospitalario de referencia.