Cruz Vermella de Santiago coñece as necesidades do sector do metal e da construcción
A iniciativa permitirá abrir novas liñas de traballo para fomentar a inserción laboral das persoas participantes nos proxectos do Plan de Emprego
A Asemblea Comarcal de Cruz Vermella en Santiago de Compostela, en colaboración coa Fundación Laboral de la Construcción de Galicia, celebrou a semana pasada unha mesa de diálogo para profundizar sobre as necesidades do sector do metal e da construcción, e debater sobre as estratexias a levar a cabo para mellorar a empregabilidade da muller neste sector.
Pero, ademáis, o obxectivo desta iniciativa foi a de coñecer de maneira real o escenario actual do sector, co fin de abrir novas liñas de traballo que permitan a inserción laboral das persoas participantes nos diferentes proxectos do Plan de Emprego de Cruz Vermella, que conta co apoio, para o período 2016-2019, do Ministerio de Traballo, Migracións e Seguridade Social, e do Fondo Social Europeo a través do POISES, Programa Operativo de Inclusión Social e Economía Social, e do POEJ, Programa Operativo de Emprego Xuvenil.
Baixo o título “Constrúe novos retos”, a xornada estivo inaugurada por Luis Vázquez de Soto, responsable de Seguridad y Salud y Empleo do Consello Territorial de Galicia da Fundación Laboral de la Construcción, que destacou que “apostamos pola igualdade de oportunidades. O ano pasado formamos a 5.500 mulleres para apoialas na súa entrada nun sector no que as mulleres son o 9 por cento das plantillas según a EPA do 4º trimestre do ano 2018”.
Tras a benvida e a inauguración, Luis Vázquez presentou a primera parte da xornada, “Súmate ao noso reto”, na que Olga Ruiz Rodríguez e Cecilia Villar Gómez, responsables do Reto Social Empresarial do Plan de Emprego de Cruz Vermella en Santiago de Compostela, foron as encargadas de dar a coñecer este proxecto entre as 13 empresas asistentes (Concello da Estrada, Cruz Vermella, Consorcio de Santiago Construcciones, Obras y Viales, S.A., Abeiro de Rehabilitación, Carpinteria Metálica Galanas, Grupo Puentes, Areas Estrada, Fundacion Laboral de la Construccion, Eulen Flexiplan, Nortempo, Cabeal, Secretariado Gitano).
Pero, ademáis, aproveitaron a ocasión para poñer en valor a estreita colaboración coa Fundación Laboral de la Iniciativa enmarcada no Plan de Emprego Cruz Vermella profundiza nas necesidades do sector do metal e da construción coa colaboración de 13 empresas Construcción de Galicia, que inclúe a realización do curso de persoal de montaxe de carpintería metálica no que participaron 33 persoas nos últimos dous anos.
Por outra banda, a colaboración das empresas co Plan de Emprego é fundamental para poder levar a cabo o proxecto e ofrecer oportunidades laborais ás persoas que se atopan máis afastadas do mercado laboral. Neste sentido, José Quintáns Cardama, administrador de Abeiro de Rehabilitación, e Rubén Vilar, en representación de Carpintería Metálica Galanas, ofreceron unha valoración persoal da súa colaboración co Plan de Emprego de Cruz Vermella.
E, tras eles, a mesa de diálogo profundizou na empregabilidade das mulleres no sector da construcción a través das testemuñas de Ma Luisa Martínez Arias, responsable do Departamento de Contratación, adxunta á dirección e secretaria do Consello de Administración de Construcciones, Obras y Viales, S.A. (COVSA); Idoia Camiruaga Osés, arquitecta no Consorcio de Santiago de Compostela; Sally Torres Nogueira, empresaria en Areas Estrada e palista con máis de 15 anos de experiencia no sector; e Teresa Sotelino Barreiro, arquitecta e Xefa de Obra da Remodelación do Hospital Meixoeiro de Vigo do Grupo Puentes.
A xornada finalizou coa intervención de José Luis Barreiro Conde, presidente comarcal da Asemblea de Cruz Vermella en Santiago de Compostela, que destacou que “desde a organización traballamos pola diversidade e a inclusión de tódalas persoas. Nesta liña, un dos nosos obxectivos é que as mulleres poidan acceder en condicións de igualdade a calquer posto de traballo e romper cos prexuizos e estereotipos que non axudan ao noso avance como sociedade”.