A Escola Deportiva Santiago organiza o seu primeiro Campus de Fútbol e Música
Desenvolverase do 1 ao 5 de xullo en Santa Isabel e Don Bosco
A Escola Deportiva Santiago dá un paso máis na organización de campus deportivos coa posta en marcha do seu primeiro Campus de Fútbol e Música.
Trátase dunha aposta innovadora coa que a nosa entidade quere destacar os beneficios que aportan ambas disciplinas aos nenos e nenas. E é que, pese a ser moi distintas, ambas logran transmitir os mesmos valores.
Así, co fútbol e coa música os nenos e nenas aprenden a traballar en equipo, a esforzarse, a respectar aos demais... Melloran tamén a súa atención, a súa coordinación, a súa socialización ou a súa capacidade de concentración.
Coa práctica deportiva e musical os pequenos e pequenas adquiren hábitos de vida saudables, fan amigos e se divirten. En definitiva, crecen como persoas e fanno pasándoo ben e mellorando a súa saúde.